Actualizado o menú de navegación a unha versión compatible con móbiles e tablets.
Só cambia a apariencia.

Actualizado o menú de navegación a unha versión compatible con móbiles e tablets.
Só cambia a apariencia.

No menú Usuarios cada usuario pode cambiar o seu contrasinal.
O nome de usuario non se pode modificar.
O administrador do centro pode crear todos os usuarios que precise picando no botón Novo usuario situado na parte inferior do listado de usuarios.

Así abrimos un formulario que nos permite introducir os datos do novo usuario, xerar a clave de aceso e enviarlle os datos de acceso ao correo electrónico do novo usuario.


O novo usuario deberá cambiar o contrasinal inicial no menú Usuarios por outro que cumpra os requisitos establecidos polo sistema.
Cando seleccionamos estándares para editar ou para concretar mínimos, na cabeceira do formulario que lista os estándares dunha área e nivel aparecen:

Permítenos crear unha programación para unha área dun nivel se non está xa creada.
Esta utilidade está reservada ao administrador do sistema.

Permítenos consultar os estándares dun nivel e dunha área vinculados a unha competencia.
Permítenos consultar os estándares dun nivel que están vinculados á competencia seleccionada.

E obtemos o listado de estándares do nivel relacionados coa competencia seleccionada ordeados por área..

Permítenos consultar os estándares da área e nivel seleccionados.
Primeiro teremos que seleccionar a área e o nivel.

E obtemos un informe en pantalla dos estándares da área e nivel seleccionados.

Permítenos actualizar as claves dos estándares rexistrados logo de modificar o texto dun estándar.
Isto é importante para que o estándar non perda o vínculo co contido e cos criterios de avaliación.