Ver programacións

Permítenos obter un listado das programacións rexistradas coas opcións de ver a programación en pdf ou a posibilidade de editar o contido.Se picamos en Ver pdf apareceranos a programación correspondente cunha páxina inicial con enlaces aos diferentes apartados.

Actualizar claves

Permítenos actualizar as claves dos estándares rexistrados logo de modificar o texto dun estándar.

Isto é importante para que o estándar non perda o vínculo co contido e cos criterios de avaliación.

Editar estándares

Permítenos editar un estándar rexistrado para modificar o texto ou para establecer os instrumentos de avaliación e a temporalización.

Primeiramente deberemos seleccionar a área e o curso para obter unha listaxe dos estándares da área e curso seleccionados.

Picando no botón Editar do estándar a editar e entramos no formulario de edición.

Neste formulario podemos modificar o texto do estándar se non fora correcto e seleccionar os instrumentos de avaliación e a temporalización.

Para cargar os instrumentos de avaliación ou para modificalos deberemos marcara casiña de chequeo Modificar instrumentos e marcar ou desmarcar os instrumentos cargados.