Neste apartado podemos concretrar os mínimos esixibles para acadar a cualificación de 5 en cada área de cada nivel.
Primeiramente seleccionamos a área e o nivel para o que queremos concretar os mínimos.
Unha vez seleccionados área e nivel entramos no listado de estándares no que xunto a cada estándar aparece un botón que nos permite interactuar co estándar.

Se o mínimo para un estándar xa está concretado, este aparecerá de cor verde e o botón que o acompaña tamén apareceré en verde.
Se non está concretado o mínimo ou non consideramos que ese estándar é mínimo o botón aparece de cor laranxa co símbolo +.
Activar mínimo
Se picamos no botón dun estándar que non ten concretado o mínimo aparécenos un formulario 0co texto do estándar, coas competencias clave asociadas a ese estándar e co texto do estándar sen clave.
Se consideramos que o texto que aparece no apartado Nivel 1 é correcto como concreción do mínimo, activamos a casiña de chequeo Mínimo e gardamos.
Podemos cambiar o texto antes de gardar se non se axusta ao que queremos concretar.

Desactivar mínimo
Se queremos desactivar un estándar como mínimo simplemente teremos que desactivar a casiña de chequeo Mínimo e gardar.
