Editar estándares

Permítenos editar un estándar rexistrado para modificar o texto ou para establecer os instrumentos de avaliación e a temporalización.

Primeiramente deberemos seleccionar a área e o curso para obter unha listaxe dos estándares da área e curso seleccionados.

Picando no botón Editar do estándar a editar e entramos no formulario de edición.

Neste formulario podemos modificar o texto do estándar se non fora correcto e seleccionar os instrumentos de avaliación e a temporalización.

Para cargar os instrumentos de avaliación ou para modificalos deberemos marcara casiña de chequeo Modificar instrumentos e marcar ou desmarcar os instrumentos cargados.

Concretar mínimos

Neste apartado podemos concretrar os mínimos esixibles para acadar a cualificación de 5 en cada área de cada nivel.

Primeiramente seleccionamos a área e o nivel para o que queremos concretar os mínimos.

Unha vez seleccionados área e nivel entramos no listado de estándares no que xunto a cada estándar aparece un botón que nos permite interactuar co estándar.

Se o mínimo para un estándar xa está concretado, este aparecerá de cor verde  e o botón que o acompaña tamén apareceré en verde.

Se non está concretado o mínimo ou non consideramos que ese estándar é mínimo o botón aparece de cor laranxa co símbolo +.

Activar mínimo

Se picamos no botón dun estándar que non ten concretado o mínimo aparécenos un formulario 0co texto do estándar, coas competencias clave asociadas a ese estándar e co texto do estándar sen clave.

Se consideramos que o texto que aparece no apartado Nivel 1 é correcto como concreción do mínimo, activamos a casiña de chequeo Mínimo e gardamos.

Podemos cambiar o texto antes de gardar se non se axusta ao que queremos concretar.

Desactivar mínimo

Se queremos desactivar un estándar como mínimo simplemente teremos que desactivar a casiña de chequeo Mínimo e gardar.

Entrar na aplicación

Para entrar na aplicación hai que estar rexistrado como usuario e dispor de contrasinal.

Se nos identificamos correctamente entramos na páxina de inicio da aplicación.

O menú Estándares

Destacado

Nos diferentes enlaces deste item poderemos:

  • Cargar estándares na base datos.
  • Editar os estándares cargados.
  • Actualizar masivamente as claves dos estándares.
  • Consultar os estándares cargados atendendo a diferentes criterios de selección.